Diario de aprendizaxe
Lembro que o primeiro día foi unha simple lectura dos apartados do libro e da selección de vocabulario que nas seguintes sesións Ricardo e Itziar completaron. Polo xeral , podo dicir que me encarguei da organización do traballo, concretando máis, creo que fun a que coordinei as accións que tiñamos que levar a cabo sen esquecer que Ana tamén axudoume.
Eu centreime máis en facer un pequeno "guión" ou documento onde fumos recollendo todo o texto para logo simplificalo e que así non puxéramos contenido de máis, aunque tamén busquei algunha que outra foto pero de ese traballo encargouse maís Ana.
A persoa que actualizaba e completaba o diario de sesións era eu.
Por último, na sesión de hoxe, Ana e máis eu montamos o vídeo con toda a información e os audios que xa tiñamos da sesión anterior, pero o que non nos deu tempo foi a introducir neste a música o que parécenos algo que quedaría moi ben e que faría o vídeo un pouquño máis dinámico, pero por problemas que tivemos na aula de informática ao pasar os arquivos pois non foi posible.